O BNG convida á Xunta a adquirir a fábrica de Calvo e achegar unha alternativa produtiva e de emprego

14 Febreiro 2022

A concelleira do BNG en Muros, Maruxa Martínez, e da deputada de zona Rosana Pérez, compartiron a postura do seu partido a respecto da adquisición da fábrica de Calvo en Esteiro (Muros) que se debate este martes 15 de febreiro no Parlamento galego. A agrupación, tal e como se desprende das declaracións de Martínez e Pérez, propón a adquisición do devandito inmóbel.

O obxectivo, alén dos beneficios de dar continuidade á fábrica, sería apostar de cheo por xerar postos de traballo na ría, poñendo o foco no que segue a ser o gran piar económico da comarca: o mar. Segundo lembrou Rosana Pérez, as instalacións de Calvo en Esteiro (Muros) saíron a poxa pública no mes de decembro por un millón de euros, un proceso que quedou deserto, polo que “pensamos dende o BNG que a Xunta debera preocuparse polo inmóbel e por facerse con el”, e máis tendo en conta as posibilidades que ofrecen os seus 19.000 metros cadrados de superficie como elemento industrial e produtor de peche do ciclo pesqueiro e marisqueiro. Segundo lembrou Rosana Pérez, non existe na contorna da ría de Muros e Noia ningunha fábrica que achegue actividade no último elo da cadea do ciclo extractivo de peixes e mariscos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...