O IES Félix Muriel de Rianxo participa nun programa para fomentar na mocidade vocacións ceibes de estereotipos

13 Febreiro 2022

Até 20 centros educativos galegos van participar nun programa autonómico para o fomento de orientacións vocacionais ceibes de estereotipos de xénero, poñendo o foco naquelas carreiras onde, xeralmente por ideas preconcibidas e prexuízos, hai menos presenza de mozas. Trátase do programa Edureferentes, unha innovadora iniciativa da Consellería de Cultura e Educación e Executivas de Galicia na que concorre, xunto con outros 19, o IES Félix Muriel de Rianxo. A través de Edureferentes mulleres destacadas en distintos sectores profesionais participarán en charlas e mentorías individualizadas nos colexios e institutos seleccionados.

A iniciativa está dirixida ao alumnado das etapas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Formación Profesional Básica, para que teñan a oportunidade de coñecer novas referencias femininas no ámbito profesional.

O programa inclúe charlas e sesións prácticas nas que profesionais referentes galegas de éxito de diversos sectores achegaranse ás aulas para dar a coñecer a súa experiencia a través de encontros e mentorías individualizadas para potenciar as habilidades persoais dos alumnos. Trátase de sesións de 50 minutos onde o alumnado terá a oportunidade de traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación baixo a supervisión destas mulleres referentes.

O departamento de Orientación de cada un dos centros adheridos ao programa será o encargado da súa coordinación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.