O domingo Galicia estará afectada polo paso dunha fronte fría activa asociada a unha borrasca situada sobre Inglaterra. Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións xeneralizadas, máis intensas na metade oeste. A cota de neve estará situada nos 1400 metros pola tarde baixando progresivamente ata os 900 metros ao final do día. As temperaturas mínimas ascenderán pero as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes no terzo norte.

O NOSO MAR: ACTIVADO PARA O DOMINGO ALERTA LARANXA POR TEMPORAL COSTEIRO. Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 6 a 7 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:08 | 3.0 m |
| Baixamar | 08:28 | 1.2 m |
| Preamar | 14:35 | 2.9 m |
| Baixamar | 20:36 | 1.2 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:01 | 3.0 m |
| Baixamar | 08:20 | 1.3 m |
| Preamar | 14:26 | 2.9 m |
| Baixamar | 20:25 | 1.3 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:06 | 3.0 m |
| Baixamar | 08:25 | 1.2 m |
| Preamar | 14:31 | 2.9 m |
| Baixamar | 20:31 | 1.2 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



