Rianxo aproba os proxectos presentados o Plan Único da Deputación 2022

10 Febreiro 2022

A corporación municipal de Rianxo, en sesión celebrada este mércores 9 de febreiro aprobou por unanimidade a relación de proxectos presentado polo equipo de goberno para incluír na relación do Plan Único da Deputación para o 2022.

As propostas de Rianxo suman un total de 305.885,76 ás que se engaden dous proxectos no Plan Complementario pendente de novas achegas por valor de 275,260,79.

A diferenza doutros anos este plan non implicará a incorporación de facturas atrasadas que foron xa pagadas nin se acude a novo préstamo provincial. Decidiuse prescindir de incluír obras en pistas pois abordaranse con traballo da propia brigada de obras e noutros plans.

PROXECTOS INCLUÍDOS.

Cambio de cuberta do pavillón polideportivo de Rianxo: 171.432,87

Renovación instalación eléctrica edifico Liceo: 38.749,94

Acondicionamento mobiliario segundo Bloque Vivendas Mestres: 22.983,71

Primeira fase cambio luminarias Paseo Marítimo Setefogas-Rinlo: 31,626,31

Redución gasto corrente: 36.974,47

Achega municipal adicional: 4.118,46

Total: 305.885,76

PLAN COMPLEMENTARIO

Dotación Rede abastecemento e saneamento de Vilas: 168.420,21

Ampliación abastecemento de Taragoña (Fachán, Chorente A Coviña): 106.840,58

Total: 275.260,79

POS ADICIONAL GASTO SOCIAL

Persoal técnico apoio servizos Socias, 42.273,70

Axuda a domicilio: 30.658,88

Total gasto social: 72,942,58

Toma de posesión do novo Concelleiro do BNG

Na mesma sesión tomou posesión co Sempre en Galiza de Castelao o novo concelleiro Xosé Vázquez González, que prometeu o seu cargo e pasará ter nos vindeiros días responsabilidades de goberno. O conxunto da corporación aplaudiu a súa incorporación e aproveitaron as súas intervencións para desexarlle sorte na nova andaina.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...