O Concello de Boiro e a Fundación Rosalía colaboran na conmemoración do Día de Rosalía (o 23 de febreiro)

08 Febreiro 2022

O Concello de Boiro e a Fundación Rosalía acordaron colaborar para a organización das actividades do Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro 23 de febreiro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, mantiveron unha xuntanza co presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. Na reunión tamén participou Xosé Luís Axeitos, director de Follas Novas, revista anual da dita fundación adicada monograficamente ao estudo da obra rosaliana e da cultura coetánea da autora.

O Concello de Boiro colabora coa edición deste ano, que se publicará coincidindo coa dita efeméride do 23 de febreiro.

No marco dos actos que o Concello de Boiro organiza para festexar o Día de Rosalía estará a presentación desta edición de Follas Novas e máis a plantación dunha figueira da horta de Rosalía.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, falará máis polo miúdo das actividades que o Concello de Boiro organiza polo Día de Rosalía este mércores 9 de febreiro ás 13.00 horas na Sala de Comunicación do Concello de Boiro.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.