O prazo para solicitar as axudas de Benestar Social do Son estará aberto todo o ano

08 Febreiro 2022

A Concellería de Benestar Social de Porto Son informou os días pasados das axudas destinadas á inclusión social e á cobertura de situacións de risco social para este ano 2022. Estas contribucións municipais atinxen varios ámbitos de relevancia para o día a día das familias, dende alimentación básica e hixiene, até roupa, gastos de vivenda, produtos farmacéuticos ou gastos de desprazamentos, incluíndo tamén axudas escolares, entre outras.

Podemos atopar todos os datos que precisamos sobre estas axudas na páxina web do Concello, en formato PDF (publicación no BOP). O prazo de presentación de solicitudes estará aberto todo o ano.

A convocatoria destas axudas directas (Axudas para a Inclusión Social e a Cobertura de Necesidade Social, AISENS) aprobouse na xunta de Goberno local do 27 de xaneiro. En detalle, veñen cunha contía orzamentaria total de 8.000 euros ampliábeis en 2.000 euros.

Fachada do Consistorio de Porto do Son

Conceptos

As axudas para a inclusión social e a cobertura de situación de necesidade social poderán referirse aos seguintes

conceptos:

–Alimentación básica e a hixiene persoal e doméstica.

–Vestiario básico

–Atención dos gastos derivados da vivenda habitual.

–Gastos de aloxamento nun lugar alternativo e temporal.

–Gastos farmacéuticos e de saúde.

–Gastos de desprazamento.

–Axudas escolares.

– Outras axudas: axudas para a atención de situacións de urxente e grave necesidade que non poidan ser atendidas por ningún dos conceptos contemplados nos epígrafes anteriores, previa valoración do/a traballador/a social do departamento de servizos sociais.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.