O PSOE de Ribeira pide mellorar o alumeado nas rúas Forcadiña e Luis Pimentel, en Aguiño

07 Febreiro 2022

Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentou ao pleno da Corporación un rogo relativo ao alumeado público na parroquia de Aguiño. Segundo advertiu o PSOE nun comunicado, “o rueiro situado entre a rúa da Forcadiña e a rúa Luis Pimentel, camiño veciñal asfaltado, e dotado de varios servizos, carece de alumeado público”. Os socialistas tamén informan de que nesta contorna só hai unha luminaria achegando luz ao rueiro, que pertence amais a unha propiedade privada, “dando claridade no que é, nesta zona, unha escuridade absoluta nas horas nocturnas”.

Por todo o devandito, os socialistas piden o seguinte.:

1.- Que por parte de quen corresponda sexa estudada a posibilidade de dotar de alumeado público no entorno do rueiro mencionado (Listres de Arriba) Aguiño.

2.- Que se avalíe tamén a dotación dun punto de luz (dobre) na confluencia da rúa Dourixeira coa rúa Luis Pimentel, no 12.

3.- Que se estude a dotación dun punto de luz (parede) na rúa Andrés Torres Queiruga, a altura do edificio no 9.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.