Os servizos de emerxencia liberan a un neno atrapado por unha perna nunha randeeira en Noia

07 Febreiro 2022

Os efectivos do GES de Noia, xunto cun membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, acudiron esta tarde ao paseo marítimo da localidade para rescatar a un neno ao que lle quedou unha perna atrapada nunha randeeira.

Así, os servizos de emerxencia desprazados liberaron a perna do menor, que non necesitou asistencia médica.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación do neno ao fío das seis da tarde, a través dos efectivos do GES de Noia.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, á Garda Civil e aos Bombeiros de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.