O Concello de Boiro e Elena Ferro presentan o agasallo institucional local: un zoco que rende homenaxe ao mexillón

04 Febreiro 2022

O Concello de Boiro e a histórica empresa de artesanía Eferro (Elena Ferro), xunto coa colaboración de Artesanía de Galicia, presentaron este venres 4 de febreiro o que será a partir de agora o agasallo institucional no Consistorio: o zoco Mexillón de Boiro.

Na presentación estiveron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, a xerente de Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro e a artesá que deseñou a peza, Elena Ferro.

Amais, o secretario xeral de Industria e PEME do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Raúl Blanco, amosou o seu apoio a esta iniciativa a través dun vídeo, ao non poder asistir á presentación.

Trátase dun chaveiro de coiro en cor laranxa e madeira negra que imita un mexillón. Vén presentado nunha lata de conservas que recorda ao auténtico mexillón da ría de Arousa. O deseño da lata está baseado na icónica obra do artista estadounidense Andy Warhol. Os chaveiros empregaranse para agasallo institucional e poderán mercarse na páxina web de Eferro.

“Elena Ferro é unha artesá de referencia e dende Artesanía de Galicia apoiamos esta colaboración para que unha peza súa se empregue como agasallo institucional”, dixo Elena Fabeiro.

Segundo recordaron na presentación, Boiro é un dos principais exportadores de mexillón da ría de Arousa, un municipio no que a industria conserveira ten un peso moi importante. “Boiro non se entende sen o mexillón”, afirmou o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, engadindo que con esta peza de Artesanía de Galicia contribúese á promoción do municipio a través dos seus grandes motores da economía e que son o mexillón e a industria conserveira.

“Este regalo institucional identifícanos como pobo porque somos un dos produtores máis importantes do mexillón e a industria conserveira é unha das que ten máis peso na nosa economía”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

“Tratamos de simular as cores do mexillón para a elaboración do zoco e metelo nunha lata simulando os mexillóns en escabeche”, dixo Elena Ferro. O Concello de Boiro encargou tamén a Elena Ferro o zoco en tamaño real e Eferro aumentará a súa colección con el, que se comercializará baixo o nome de modelo Boiro. Ao igual que os chaveiros, o zoco está elaborado en coiro acharolado en cor laranxa e madeira negra e pode adquirirse na páxina web de Eferro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.