Un proxecto de Ribeira nos Premios Nacionais de FP de Grao Superior

02 Febreiro 2022

O alumnado de Formación Profesional de Galicia acapara preto do 17% dos Premios Nacionais de FP de Grao Superior do conxunto do Estado, “pese a contar con só o 6% do total do alumnado”, explicaron fontes da Consellería de Cultura e Educación, engadindo que Galicia, a través da súa participación no dito certame, alzouse con 13 do total de 78 recoñecementos, que corresponden ás convocatorias dos anos 2017, 2018 e 2019. Entre os proxectos distinguidos atópase un da nosa comarca: a contribución innovadora ás industrias alimentarias de Cecilia Pérez Dávila, do CIFP Coroso (Ribeira).

Os galardoados foron recibidos na mañá deste 2 de febreiro polo conselleiro Román Rodríguez, que aproveitou para transmitirlles a felicitación en nome da Xunta e de Galicia. “A vosa vitoria nos Premios Nacionais de Formación Profesional é un reflexo do talento, da dedicación e do esforzo que amosades en cada un dos vosos proxectos, así como un orgullo para todos nós”, expresou.

No que atinxe aos Premios Nacionais de FP, Galicia sitúase como a segunda CCAA, por detrás da Comunidade Valenciana, con más alumnos galardoados; e a moita distancia de Canarias (que é a terceira con nove premios) ou Castela e León e Madrid (con oito recoñecementos cada unha delas nestes anos).

Exterior do CIFP de Coroso, en Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.