“Furtivismo: secuela social” – José Manuel Pena

02 Febreiro 2022

A estas alturas xa ninguén pon en dúbida sobre a importancia que supón o furtivismo pesqueiro e marisqueiro na sociedade arousá, até converterse nunha auténtica secuela social. Non é nada novo aínda que, quizais nos últimos tempos, increméntase como consecuencia da situación de crise económica, ante a escasa oferta laboral e o excesivo desemprego.

Chega o momento de non seguir criminalizando ao “furtivo” en xeral e tense que abordar este grave problema dunha maneira seria, estudando todos os factores que o provocan. Non pode quedar só nun mero cambio lexislativo, pasando de ser considerado unha infracción administrativa a un delito.

Todos sabemos, e a administración non pode ser inconsciente diso, de que hai persoas que baixan ás praias para o seu propio autoconsumo, ante a carencia de recursos. Non nos esquezamos de que hai miles de parados e destes moitos sen recibir prestacións económicas ou con sorte uns 465 euros mensuais. Temos que preguntamos se, todas estas persoas, teñen que quedar en casa, esperando a que as chamen da SEPE, das ETT ou ben sobrevivir dos servizos sociais, das ONG, ou da solidariedade veciñal ou familiar, cando teñen un ben común, como é a propia natureza que lles brinda a posibilidade de atopar alimento para o sustento familiar.

Son momentos difíciles, para a maioría dos cidadáns, e iso implica de que todos temos que pór en práctica a solidariedade e quizais habería que sopesar a posibilidade de reorganizar as zonas marisqueiras, a concesión dos permisos de explotación e as licenzas para o marisqueo, afrontando esta situación de crise dunha maneira máis xusta e equitativa para todos, evitando que só sigan vivindo moi ben os de sempre, mentres unha gran maioría teñan a miseria como compañeira de viaxe.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...