A Pobra convértese no 6 de febreiro en epicentro do campo a través

01 Febreiro 2022

O calendario de actividades deportivas continúa engrosándose na Pobra do Caramiñal.
Así, no 6 de xaneiro disputaranse varias probas de campo a través na contorna da praia da Illa: XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster de Campo a Través Individual e Clubs, XXV Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato Xunta de Galicia de Categorías Menores, XV Campionato Xunta de Galicia Sub16 e XLIX Campionato Xunta de Galicia Sub18 Homes e XLI Sub18 Feminino de Campo a Través Individual. Unha serie de eventos deportivos organizados pola Federación Galega de Atletismo (FGA), co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal e a colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, que reunirá no total a 1100 atletas.
Así o deron a coñecer a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure.
No acto de presentación houbo palabras de agradecemento para as tres partes implicadas por facer posible estas competicións, gratitude que tamén estenderon ao propietario da finca situada entre as praias da Lombiña e da Illa por cede-la para estas probas.
A cita desenvolverase en horario de mañá e de tarde e cada atleta deberá completar a distancia que estipule o campionato e a modalidade correspondentes (Sub10, Sub12, Sub14, Sub16, Sub18 e Máster).
Entregaranse medallas ós/ás tres primeiros/as atletas clasificados/as a nivel individual, así como trofeos ós tres primeiros equipos clasificados en cada unha das categorías dos campionatos que contan coa participación de clubs.

Será de obrigado cumprimento en todo o momento o protocolo sanitario FISICOVID-DXTGALEGO e contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.