A Xunta inicia as obras no exterior da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal

01 Febreiro 2022

A Consellería de Política Social que dirixe a ribeirense Fabiola García comunicou o inicio das obras para renovar e mellorar o exterior da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal. Estas actuacións afectan principalmente á fachada do edificio e irán encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética e ás condicións de confort interior das persoas usuarias do centro. Os traballos foron adxudicados por un investimento de 374.000 euros.

En concreto, proxéctase a colocación dun sistema de illamento térmico exterior e a substitución de todas as carpinterías exteriores e interiores, así como da cuberta principal do inmóbel, á que se dotará dun sistema de illamento. O prazo de execución de todas estas actuacións será de dous meses e medio.

A Consellería de Política Social engadiu que nos vindeiros meses acometeranse neste edificio outras obras no interior para “adaptalo ao novo modelo residencial”, así como “melloras de acceso ao centro e mecanismos de control solar”. Con esta renovación integral o Goberno galego procura “unha renovación que permita ofrecer unha maior calidade de vida ás persoas usuarias”.

Fabiola García, consellería de Política Social

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.