Concentración en Ribeira contra a reforma laboral

30 Xaneiro 2022

O BNG apoiou hoxe a concentración da CIG para reclamarlle ao Goberno de Pedro Sánchez que cumpra a palabra dada á cidadanía e derrogue integramente a reforma laboral de 2012 para recuperar os dereitos laborais “roubados” á clase traballadora polo PP, tendo en conta que existe unha maioría no Congreso que permite liquidar esa “abrasiva” contrarreforma.

“Hai unha proposta sobre a mesa que é claramente decepciónante porque non cumpre coa promesa que se lle fixo á cidadanía”, argumentou o responsábel comarcal, Luís Pérez Barral, para quen “non é lóxico que sexa igual de barato despedir cun goberno do PP que cun Goberno de PSOE-Podemos. Por iso, o BNG reclama “que esa proposta se tramite como proxecto de lei para derrogar integramente a reforma do PP e permita recuperar dereitos como a indemnización de 45 días por ano traballado, para que non haxa barra libre e empresas con beneficios millonarios poidan despedir os seus traballadores e traballadoras”, explicou.

Pérez Barral lanzou unha mensaxe de apoio da formación nacionalista á clase traballadora, en especial para as mulleres do sector da conserva que están en pé para esixir igualdade salarial e jn convenio digno e xusto.

Para o nacionalista, o Executivo de Pedro Sánchez ten que “escoller” se quere ou non derrogar a contrarreforma do PP: “Non hai que baixar o listón á hora de defender os dereitos dos e das traballadoras senón subilo, sobre todo cando hai unha maioría no Congreso para derrogar integramente unha reforma que foi abrasiva para os seus dereitos. Sería unha oportunidade perdida non facelo, simplemente deben pesar máis os dereitos da clase traballadora que o interese da patronal da CEOE”, concluíu.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...