“Pois xa está, Tanxugueiras non morre por non ir a Eurovisión”. Antón Luaces

30 Xaneiro 2022

A. Luaces.- Mentiría se dixese que esperaba que “Tanxugueiras” fose representar a España no festival de Eurovisión deste ano. Tamén mentiría se dixera que non me gostaría que fose “Tanxugueiras” quen, nesta edición de Eurovisión, representase aos españois. Pero…. 

Cóntolles: fun membro do xurado (entre outros) dun festival de Benidorm xunto con Marisa Medina , Luis del Olmo e outros compañeiros de medios de comunicación. Nunca souben o que os demáis votaron, pero sí quen ía ser o gañador daquela edición na que se erixiu vencedor un cantante canario. Séi como funcionan os xurados. Eu votei, pero descoñezo se este meu voto, sumado ao dos emitidos polos demáis compañeiros, conduciu a aquel resultado. Souben o global, o resultado final  polo que o canario era nomeado gañador daquela edición do Festival de Benidorm no que a fin de festa estivo a cargo dun xamaiquino intérprete de reggae (non era Bob Marley) que ateigou o recinto do festival de sons que petaban no peito. O meu voto non fora para o canario, pero moi ben poideron selo os dos compañeiros do xurado. Non sei se houbo ou non tongo. Máis sí sei que moitos dos espectadores da final do Benidorm Fest, ao igual que moitos dos presentes nesta cita pre-eurovisiva sí berraron -berramos- tongo, tongo, tongo…
Nunha rápida análise supostamente concordaremos en que o xurado elixido por TVE para este evento contaba con dous membros estranxeiros que, supostamente, carecen dun coñecemento amplo da idiosincrasia da música española. Tampouco saberán moito do idioma galego. E dubido que entenderan a mistura de letras nalgunhas cancións que deberon xulgar. Por certo: nin un só músico entre os membros deste xurado (sí os había  no Festival de Benidorm do que eu fun xurado,  no que tamén figuraban coñecidos comentaristas e presentadores de programas musicais nas diferentes cadeas de radio españolas). E lembro que na fauna festivalera daquela noite calorosa troupeleaban coñecidos representantes das casas discográficas. Obvio reseñar con que motivos. 

Inflúen as grandes casas de discos nos xurados?. Poden influir, por exemplo, na decisión para a composición de tal xurado?. E se é así, pode gañar a canción, o intérprete polo que poxan as discográficas coa aquiescencia dos xurados impostos?. Foi ou poido ser así que “Tanxugueiras”, grupo galego ao que moitos galegos de aquí e da diáspora española apoiaron, perdera esa merecida representación en Turín en calidade de primeira cualificada?.

Asegurado o voto popular e demoscópico, outorgar a “Tanxugueiras” por parte do xurado “de sala” unha baixa puntuación e facer todo o contrario con quen se pretendía manter na cabeceira da lista, podía -debía- conducir a UN RESULTADO apetecido quen de acadar boa resultados en vendas de discos. O reguetón e o “perreo” venden. Non hai dúbida. Un ben cantado “ai la la la lá!” na “Terra” de “Tanxugueiras” non está vendido de antemán.  

Os apupos do público e os berros de “tongo, tongo” non estaban protagonizados exclusivamente por galegos que estabamos e estamos disconformes non co resultado -que tamén- senon co infame xeito de nos facer quedar como parvos tentando que unha canción galega, interpretada por galegas e bailada por galegos, e cantada nun idioma “inventado” (segundo unha presentadora que no foi Alaska) poidese competir en Italia coas doutros países. Ata ahí chegariamos!. Se con Franco non se poido cantar en catalán o “La la la”, que importancia pode ter “Terra” para unha empresa discográfica que pon en xogo todo o seu peso diante de TVE?.

Desque Andrés Dobarro colocara nas listas de éxitos algúns dos seus temas, o “idioma inventado” pouco máis deu de sí.  

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.