Alberto García, novo líder do BNG de Boiro

25 Xaneiro 2022

O BNG de Boiro renovou os seus cargos orgánicos despois da celebración da última asemblea nacional do partido. A agrupación boirense elixiu como novo responsable local a Alberto García, e como segundo a Francisco Javier Santamaría «coa intención de converternos na forza de referencia da maioría social na nosa localidade». García, quen é xestor cultural do Concello, accede por vez primeira a un cargo dentro da formación política onde «reforzar a organización e coordinar o traballo orgánico son as metas a cumprir a curto prazo».

Licenciado en Ciencias Políticas e técnico de Cultura desde hai 22 anos no Concello, Alberto García é o novo líder do BNG en Boiro. Seguidor de sempre da ideoloxía nacionalista, incorpouse na militancia da formación política hai uns anos para participar de forma máis activa nela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.