O Concello de Ribeira e a Asociación TDAH estreitan a súa colaboración

25 Xaneiro 2022

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, mantivo un encontro de traballo coa presidenta da Asociación TDAH Salnés, Becky Cameán, coa finalidade de seguir estreitando a colaboración entre ambas entidades e propiciar “sinerxías que redunden nunha mellor atención das persoas con trastornos por déficit de atención e hiperactividade, dislexia e necesidades educativas especiais (NEE), tanto do noso municipio como no resto da comarca”, sinalou a edil.

A reunión, que tivo lugar na Casa de Cultura Manuel Ayaso de Aguiño (onde a citada asociación ten a súa sede comarcal dende 2019), contou tamén coa participación da xefa de servizo dos Servizos Sociais de Ribeira, Fran Vidal, da secretaria/xerente de TDAH Salnés, Eva Silva, e do seu delegado comarcal do Sar, José Vaamonde.

No transcurso da xuntanza analizáronse, entre outros puntos, diversos proxectos e propostas que teñen que ver, entre outros puntos, coa mellora da formación e información das familias e docentes e co fomento dun ocio saudable e educativo.

Asociación e Concello anunciaron que seguirán conversando no ánimo de mellorar a realidade social e educativa das persoas afectadas e as súas familias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.