“Demasiados inocentes” – José Manuel Pena

19 Xaneiro 2022

Aos que formamos parte da “xeración do narcotráfico” cáusanos un certo estupor que se utilicen como armas arroxadizas as vítimas inocentes da secuela social que supuxo o narcotráfico, ao longo de varias décadas, en ambas as marxes da ría de Arousa. A soberbia, o orgullo, a chulería e a corrupción eran uns vicios demasiado habituais, utilizados polos capos da droga, que narcotizaron á maioría da poboación arousá, chegando a rirlles as súas grazas e renderlles pleitesía, sen distinción de credo político, categoría profesional, xerárquica ou de calquera outro tipo. Todos (polo menos unha gran maioría) fomos responsables de que os cemiterios acollesen a demasiados inocentes.

A nosa clase política, en xeral, tería que ser un pouco máis nobre e menos hipócrita recoñecendo que, durante moitos anos, todos convivimos con demasiados narcotraficantes e algúns consentimos, por acción ou omisión, que seguisen facendo o seu agosto á conta da vida de decenas de persoas inocentes. Eran os maiores “mecenas” para algunhas entidades sociais, culturais, deportivas, mesmo para concellos, para a parroquia ou axudando particularmente a algunha familia en momentos de dificultades, para facer fronte a pequenos pufos, ou mesmo afrontaban os gastos de enterro para poder enterrar dignamente a algún familiar ou veciño.

A culpa non foi nin é dos drogodependentes, estes son vítimas do sistema e da situación, foi e é dos narcotraficantes e da falta de vontade de moitos dos nosos gobernantes. A pesar de todo e desgraciadamente os narcotraficantes e os seus colaboradores necesarios seguen facendo o seu agosto.

Outros artigos

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.