A rúa de Compostela en Portosín e a contorna da Escola Infantil do Son recuperan o lustre

19 Xaneiro 2022

O Concello de Porto do Son deu continuidade estes días aos traballos de limpeza e baldeo que desenvolve regularmente en todas as parroquias do termo municipal.

Entre as contornas urbanas nas que veñen de actuar os efectivos locais de Protección Civil atópase a rúa de Compostela en Portosín, que foi baldeada e limpada en superficie e tamén nos seus sumidoiros.

Outra contorna que foi obxecto de traballo foi a da Escola Infantil de Porto do Son, onde tamén se atopa a Ludoteca. Os labores foron levados a cabo novamente polo grupo de Protección Civil.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.