O óso humano atopado por un pesqueiro en Porto do Son pertence a un dos mozos desaparecidos en kaiak​

19 Xaneiro 2022


O óso achado a finais de novembro por un barco pesqueiro nunha zona de Porto do Son pertence a un dos mozos desaparecidos en xullo de 2020 cando ían a bordo dun kaiak.

Está previsto que este mércores se despracen de novo mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas ( GEAS) a rastrexar a zona.

O Instituto de Medicina Legal de Galicia ( Imelga) analizou a orixe do óso tras o seu achado o pasado 30 de novembro por parte dun barco pesqueiro que navegaba pola zona na que os mozos desapareceran.

En concreto, a desaparición dos dous mozos remóntase ao 6 de xullo do 2020. O accidente tivo lugar na praia de Coira, na localidade de Portosín, onde tres amigos –dous mozos e unha moza– facían uso dun kaiak.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.