O Puebla métese na pomada a costa do Boimorto (3-1)

18 Xaneiro 2022

Non se rende o Puebla na súa pelexa por facerse un oco entre os postos que dan acceso á
promoción de ascenso á Terceira División. Os de Jesús Mella volveron a gañar, desta vez na
casa fronte ao que fai unhas semanas semellaba ser un rival direto, pero sobre o verde
víronse dous conxuntos que están a un nivel moi diferente. Venceu o Puebla 3-1 nun
encontro que tivo controlado en todo momento e que lles serve para encadear o segundo
triunfo consecutivo e situarse a tres puntos do Paiosaco,que marca a fase de ascenso. Os
goles de Juan García a pase de Madiop e Viturro con asistencia de García, permitiulles aos
pobrenses marcharse ao descanso co partido encarrilado. Xa na segunda metade, Madiop
fixo mostra do seu exuberante físico para provocar un penalti que el mesmo se encargou de
trasformar. Xa na recta final do encontro, Manuel Nieto maquillou o resultado para poñer o
definitivo 3-1.
Doutra banda, o Boiro non correu a mesma sorte no seu encontro na casa do líder. O Arteixo
venceu de forma contundente por 3-0 ao cadro de Luis Carro nunha segunda metade na que
chegaron todos os goles, froito da desconexión dos boiristas. De feito, na primeira metade,
Piñeiro anotou un tanto que sería anulado por for a. Nos primeiros 45 minutos os brancos
puideron incluso adiantarse no marcador, pero non estiveron acertados nos últimos metros.
Xa na segunda parte, en apenas 20 minutos, Diego Vela, Pablo Ramos e Aitor González
anotaban os tres tantos que daban o triunfo ao Arteixo que mostrou a súa característica de
líder. O Boiro mantense oitavo, a 5 puntos da promoción de ascenso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.