Os socialistas de Noia piden mellorar a accesibilidade do concello cos fondos da Deputación

17 Xaneiro 2022

O Grupo Municipal Socialista de Noia anunciou que vai solicitar ao Goberno local que parte dos fondos que o Concello percibirá a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación sexan para “mellorar a accesibilidade no termo municipal e arranxar instalacións que actualmente están perigosas”. Dende a agrupación consideran “prioritario” eliminar barreiras arquitectónicas que “seguen a prexudicar as persoas con mobilidade reducida” que están presentes “en espazos públicos, edificios, pasos de peóns, etc”.

Ademais de para mellorar a accesibilidade, os socialistas propoñen que se leven a cabo labores de mantemento en instalacións que están “bastante deterioradas actualmente” para “mellorar a seguridade en lugares moi concorridos, como son os elementos de madeira no paseo marítimo, tanto na zona de Barro como de San Lázaro, principalmente, e tamén no paseo de Boa”.

O voceiro Roberto Iglesias indica que “para o G. Municipal do PSdG-PSOE, conseguir unha vila accesíbel debe ser unha prioridade inmediata para que non haxa cidadáns que non podan facer uso dos servizos de Noia e non se sintan atendidos na súa propia vila”. Outra prioridade, engade, “debe ser a seguridade nas instalacións municipais, que por unha falla de mantemento evidente poden ser un perigo para as persoas”.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.