Domingo con nubes e claros e suba das temperaturas

15 Xaneiro 2022

O domingo Galicia queda nunha situación intermedia entre as altas presións centradas en Francia e unha borrasca pouco activa que se move polo Atlántico. Con esta situación agárdase unha xornada de ceos alternando nubes e claros, con máis nubes na metade oeste que mesmo poden deixar algún orballo nas primeiras horas do día. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, fortes no litoral atlántico durante a mañá.

meteogalicica

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sueste á noite, forza 4 a 6 á mañá, 3 a 5 á tarde e 1 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:093.3 m
Baixamar09:231.0 m
Preamar15:283.2 m
Baixamar21:281.0 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:593.3 m
Baixamar09:141.1 m
Preamar15:193.1 m
Baixamar21:181.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:053.3 m
Baixamar09:191.0 m
Preamar15:253.1 m
Baixamar21:241.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...