O BNG esixe que a veciñanza de Palmeira teña participación nos proxectos que se fagan na súa parroquia

15 Xaneiro 2022

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira estivo apoiando a concentración convocada por PBBI co apoio do PSOE en Palmeira, para esixir que Portos de Galiza rectifique a actuación desenvolvida na explanada portuaria e que conta coa oposición veciñal.

Os membros do BNG, Cruz Rivadulla e Luís Pérez Barral trasladáronlle o apoido da formación nacionalista ás veciñas e veciñas concentradas, segundo dixeron, “a veciñanza debe ter voz e voto nos proxectos que sen fan na parroquia”. Pérez Barral, asegura que estamos ante unha actuación feita unilateralmente polo Partido Popular e que ten unha forte contestación social pois non se presentou nin se consensuou ante ninguén. Desde o BNG acusan ao rexedor, Manuel Ruiz, de mentir descarademente pois “o proxecto que se fixo acordaron levalo adiante o propio Ruiz e a presidenta de Portos, Susana Lenguas, nunha xuntanza mantida o pasado 20 de decembro”.

Por outra banda, Pérez Barral, asegura que Portos debería gastar os cartos en mellorar o deficiente estado de mantemento dos peiraos no canto de poñer barreiras que quitan estacionamentos e son auténticos obstáculos á accesibilidade. Por último, alén de trasladarlle o apoio á veciñanza, avanzaron que porán a situación en coñecemento da deputada Rosana Pérez, para esixir no Parlamento de Galiza que Portos rectifique e que todos os proxectos que se fagan no municipio teñan, necesariamente, o consenso e a participación da veciñanza. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.