A líder do BNG, Ana Pontón, destaca en Rianxo a vixencia do legado de Castelao

15 Xaneiro 2022

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a homenaxe do BNG a Castelao na súa Rianxo natal para destacar a plena actualidade do legado dunha das personalidades políticas que máis ten contribuído á defensa de Galiza como nación. “Foi, é e será un referente, un imprescindible (…), poucos demostraron tanto amor e tanta entrega a este País”, subliñou, “por iso honramos a súa memoria e reivindicamos a vixencia do seu pensamento”.

Un legado do que o Bloque se sinte orgulloso herdeiro porque, alegou, “a esencia do BNG é defender Galiza, e quero recalcalo porque se ben o mundo de hoxe é outro, hai algo que non mudou: a necesidade do nacionalismo para darlle futuro ao País, que precisa como nunca unha forza política coas mans libres para defender os nosos intereses fronte a un centralismo cada vez máis madrileño que actúa de freo”.

Tamén agora, recalcou, “urxe un proxecto modernizador e vangardista, que pense Galiza en grande, con ambición e desde a confianza. O BNG, -dixo-, ten ese proxecto e a capacidade de poñelo en marcha”, priorizando os intereses dos galegos e das galegas en contraposición ós que practican “a confrontación estéril ou o servilismo inútil, ambos iguais de letais, igual de tóxicos”. “A defensa de Galiza, esa é a esencia do BNG”, recalcou.

Pontón preguntouse cales serían as estampas que hoxe incluiría Castelao nun álbum Nós inspirado na Galiza de 2022, e aventurou que o lapis creativo do rianxeiro denunciaría o centralismo económico e político, o espolio dos recursos naturais, a emigración da xente moza, o declive do sector industrial, a desesperación dos produtores que soportan prezos por debaixo de custe ou o retroceso do sector pesqueiro cunha frota cada vez máis minguada.

“Seguro que o impacto das cotas de pesca lle inspirarían unha estampa non moi diferente a aquela á que lle puxo por título As sardiñas volverían se os nosos gobernos quixesen”, destacou.

En clave local, destacou que o propio Castelao, “estou segura sentiría o mesmo orgullo que sinto eu, ao ver a transformación de Rianxo da man dun alcalde e dunha equipa de primeira. Parabéns polo traballo feito Adolfo e, sobre todo, forza para todo o que está por vir e a seguir así, demostrando que hai outra facer de facer política e que hai outra Galiza posíbel”, salientou en relación ao Executivo local liderado polo alcalde Adolfo Muíños.

Pontón empezou a súa intervención trasladando todo o apoio do BNG á veciñanza que se mobiliza en defensa da sanidade pública e de máis servizos para o concello, con referencia explícita a plataforma veciñal que reclama un centro de día en Rianxo, demanda compartida polo goberno nacionalista. E, no ámbito laboral, sumouse as “xustas e lexítimas” reivindicacións das traballadoras da conserva.

“Aquí na ría de Arousa, quero enviar o apoio ás traballadoras da conserva, por un convenio digno, porque é de sentido común o que reclaman, que se poña punto final á inxustiza de que os traballos das mulleres están peor pagados que os dos homes, e que iso pase en pleno século XXI. Xa está ben de discriminar as mulleres!”, proclamou na súa intervención tras o alcalde, quen destacou o papel dos concellos na construción dunha Galiza con futuro, e da responsable local, Mercedes Pimentel, que puxo en valor a figura de Virxinia Pereira, “o seu papel foi moito máis aló do de ser compañeira de vida de Castelao”, indicou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.