Fixada a nova tempada de pesca da anguía no esteiro do Ulla dende o 1 de febreiro até o 31 de outubro

14 Xaneiro 2022

A Consellería de Medio Ambiente publicou no DOG a resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra pola que se aproba a renovación do plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla durante a próxima tempada, que este ano se estenderá desde o 1 de febreiro ata o 31 de outubro.

O tamaño mínimo das capturas queda fixado en 20 centímetros, coa obriga por parte dos pescadores de “devolver ao río aqueles exemplares que non dean a talla”, así como “as anguías prateadas e outras especies que entren nas nasas”.

A cota máxima autorizada de capturas será de 5.176 quilos para o total de embarcacións (igual que ao do ano pasado). A única arte empregada para pescar anguía na desembocadura do Ulla será a nasa-voitirón, cun tamaño de malla mínimo de 14 milímetros e un límite de 10 artes por tripulante. As nasas deberán ser levantadas e revisadas a diario e o horario autorizado para a actividade estenderase das 12,00 horas do luns ás 12,00 horas do sábado.

Medio Lembra lembra que a pesca da anguía é unha actividade profesional tradicional que se desenvolve nalgunhas zonas de desembocadura dos ríos galegos. No caso concreto do Ulla, o plan para 2022 fixa tres zonas autorizadas: o treito comprendido entre a ponte de Catoira e a liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro; o que vai da liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro ata a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira; e a parte do río comprendida entre a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira e a liña imaxinaria que une Punta Seveira con Punta Rebordexo e a súa continuación, ata o faro do dique de Carril, excluída a illa de Cortegada.

A partir do 1 de febreiro, autorízase a faenar nestas zonas a un total de 18 embarcacións e 37 tripulantes das confrarías Santiago Apóstol, de Carril, e Virxe do Carmen, de Rianxo, polo que se mantén o esforzo pesqueiro da tempada anterior. Ambas deberán remitir cada mes á Xunta os datos de extracción por especie e día traballado e os xustificantes da súa venda en lonxa, o único medio permitido para comercializar as capturas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...