A poda será o eixe central dun novo curso na Pobra

13 Xaneiro 2022

O municipio pobrense acollerá un curso de poda dirixido a toda a veciñanza en xeral e que organiza a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra). O programa desenvolverase nos meses de febreiro e maio, e constará dunha parte teórica e outra práctica.

Esta acción formativa comezará co coloquio Teoría sobre a poda que impartirá Carme Freire Cruces, labrega e formadora. Será no 4 de febreiro, dende as 16.00 ata as 20.00 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal.

A xornada terá continuidade no día 5, en horario de mañá e de tarde. Primeiramente, procederase nunha parcela coa poda en seco de froiteiras de óso, de 10.00 a 14.00 horas; mentres que dende as 16.00 ata as 20.00 horas, será a quenda das froiteiras de pebida. En caso de chuvia, adíase ao 12 de febreiro.

E xa no 21 de maio efectuarase a poda en verde, en horario de 17.00 a 21.00 horas.

A actividade é de balde e o número de prazas é limitado, polo que se require inscrición previa dende o 17 de xaneiro a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.