Mariña Mercante amplía a vixencia dos certificados aos mariños que xa estean matriculados en cursos de formación

10 Xaneiro 2022


A Dirección Xeral da Mariña amplía a vixencia dos certificados de suficiencia, dos capítulos V e VI do anexo do Convenio STCW (Convenio internacional sobre normas de formación, titulación e garda para a xente de mar), debido a que a oferta de cursos de formación, necesarios para a revalidación, segue sendo menor á demanda pola situación provocada pola pandemia.

Segundo informa nun comunicado este organismo dependente do Ministerio de Transportes, a lista de espera de demandantes de cursos para a revalidación dos certificados profesionais é crecente.

Así, para aumentar a vixencia só existe unha condición: que os mariños que necesiten revalidar os seus certificados de suficiencia háxanse xa matriculado nos cursos necesarios, aínda que non os puideran recibir aínda.

A actual resolución establece, por unha banda, a ampliación extra da vixencia dos certificados de suficiencia xa prorrogados aos mariños en lista de espera para realizar un curso de mantemento da competencia. Esa ampliación estenderase ata o día 31 de marzo deste ano e condiciónase á presentación dun compromiso para impartir o curso nun centro homologado nunha data concreta.

Doutra banda, amplíase a vixencia dos certificados de suficiencia dos capítulos V (formación básica e avanzada en operacións de carga en buques petroleiros e quimiqueros e en buques tanque para o transporte de gas licuado, formación en buques de pasaxe e formación básica e avanzada en buques do código IGF) e o capítulo VI (formación básica en seguridade, embarcacións de supervivencia e botes de rescate rápidos, non rápidos e formación avanzada en loita contra incendios).

En todos estes supostos a ampliación da data de caducidade non poderá superar a data prevista para a realización do curso nin exceder os 12 meses desde a solicitude e só poderá levar a cabo unha vez.

En todos os casos, para solicitar a ampliación da data de caducidade bastará con presentar unha carta da empresa navieira informando do embarque inminente do tripulante afectado e un xustificante de matriculación no curso pertinente nun centro homologado pola DGMM con data prevista de celebración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...