Galicia rexistra un total de 65.335 casos activos por coronavirus

09 Xaneiro 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 65.335 deles 12.286 son da área da Coruña, 6.620 da de Lugo, 8.089 da de Ourense, 7.689 da de Pontevedra, 14.851 da área de Vigo, 11.653 da de Santiago e 4.147 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 394 en unidades de hospitalización e 64.886 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 215.511 persoas curadas, rexistrándose 2.815 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.411.550.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.969.712.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.