Recadados 500 quilos de alimentos na campaña que o Concello de Boiro desenvolveu no Nadal

05 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, impulsou este Nadal unha campaña solidaria de recollida de alimentos para entregar ás familias necesitadas do municipio. Segundo o balance achegado polo Goberno local, recolléronse en total durante a campaña preto de 500 quilos de alimentos, que se van repartir agora a través do departamento de Servizos Sociais e Cáritas ás familias que o precisan.

Ao abeiro desta campaña de Nadal, todos os centros sociais municipais e todas as actividades que se celebraron acolleron puntos de recollida de alimentos non perecedoiros para que todas aquelas persoas que quixesen colaborar puidesen facelo. A concelleira de Cultura, María Outeiral, estivo na entrega dos alimentos recollidos, que se levaron a Cáritas, onde os voluntarios do grupo Turbina axudaron a clasificar e preparar os paquetes para entregar ás familias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.