A Semana polo Clima de Rianxo inclúe contacontos, mobilizacións e unha xincana medioambiental

25 Setembro 2019

20190925 Estes días estase a celebrar a nivel mundial a Semana de Acción polo Clima, unha fronte común e sen fronteiras que acompaña Folga Mundial contra o Cambio Climático, o 27 de setembro. En que se traduce isto? Pois en milleiros de actividades de toda índole en diferentes parte do mundo e cun obxectivo común: instar ás entidades públicas e ás empresas de todo o mundo a que fagan algo de verdade para pór freo as catástrofes ecolóxicas derivadas do quecemento da Terra. A #semanapoloclima tamén vai ter repercusión na nosa comarca, voces que se van sumar ao berro mundial, como a do Concello da Pobra (tal e como lembramos os días pasados) ou as de diversas asociacións rianxeiras que organizan, tamén, un completo programa de accións reivindicativas e de divulgación.

A Semana polo Clima de Rianxo conta co impulso da ANPA do CRA Irmáns Insua, de Fousas ao Monte, da Plataforma pola Defensa do Monte, de Ondiñas Mainas e de Nosa Enerxía.

As actividades comezaron onte, cun contacontos da Plataforma Pola Defensa do Monte, na Biblioteca de Daniel en Asados, e proseguen o venres 27 cunha charla da cooperativa de enerxías renovábeis A Nosa Enerxía, que se celebra no Auditorio de Rianxo e na que se fará un percorrido pola actividade da entidade (un proxecto que xorde na nosa terra para apostar de cheo por un novo modelo de xestión enerxética, onde os recursos sustentábeis e eficientes, a promoción da economía local e a transparencia xoguen un papel fundamental). Na mesma xornada do 27, cumio das mobilizacións, celebrarase unha concentración pola emerxencia climática na praza de Padrón, coa presenza dos colectivos Fousas ao Monte e a Plataforma pola Defensa do Monte.

Xa ao día seguinte, o sábado 28, desenvolverase unha xincana medioambiental da man de Ondiñas Mainas, no paseo da praia da Torre. O colectivo Ondiñas Mainas, para quen non o saiba, é unha asociación cultural con base en Rianxo que busca poñer en valor os xeitos tradicionais de traballar e crear e contribuír a dinamizar a vida cultural e social do concello.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.