Padrón convoca a oitava convocatoria do Certame Poético Rosalía de Castro

29 Decembro 2021

O Concello de Padrón convocou a oitava edición do Certame Poético Rosalía de Castro. As obras (que deberán ser inéditas) poderán presentarse do 3 de xaneiro ao 15 de marzo. A temática será de libre elección, así como a forma poética elixida, cunha extensión mínima de 400 versos.

O premio, único e indivisíbel, consiste en 1.500 euros e un diploma acreditativo. Así mesmo, a obra premiada será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

Os traballos deberán enviarse por quintuplicado baixo o sistema de plica ao Concello de Padrón (rúa Longa 27. 15.900 Padrón), indicando no sobre: “VIII Premio de Poesía Rosalía de Castro”, o título da obra, o seu lema e o pseudónimo da persoa autora. No interior do sobre incluirase unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, correo electrónico, un breve CV e unha declaración de que a obra é inédita e non foi premiada en ningún outro certame.

O xurado estará presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e formarán parte del a concelleira de Cultura, Lorena Couso, e cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literatura galega, a comunicación e/ou eido cultural, que serán nomeadas por resolución do rexedor. A súa decisión terá lugar antes do 17 de maio de 2022 e o premio será entregado no mes de maio.

A escritora Guadalupe Gómez Arto, natural de Curtis (A Coruña), foi a gañadora da edición do ano pasado pola súa obra No encanto do aire, do que o xurado valorou que se “trataba dun poemario que, partindo das rúas de Compostela percorre o país con mirada silenciosa, por veces desolada, axudada polas pegadas da nosa tradición, historia e literatura”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...