Acende o Xacobeo premiará as mellores fotos que fagamos a carón dos monumentos do Camiño

27 Decembro 2021

Estes días celebrouse o prendido oficial do segundo programa Acende o Xacobeo, que inclúe o alumeado de 52 monumentos singulares galegos que ficarán acesos até o 7 de xaneiro (incluída a fachada da Igrexa de Santa Columba, en Rianxo). Trátase dunha actividade abeirada ao comezo do segundo Ano Santo que recolle, amplificándoa, a testemuña da primeira edición de Acende o Xacobeo. A iniciativa, que iluminará ao longo destes días medio cento de edificios significativos de toda Galicia distribuídos polos dez itinerarios xacobeos, acompáñase dun certame dixital.

Así, do mesmo xeito en que se fixo o ano pasado, a segunda edición do Acende o Xacobeo, tamén terá o seu concurso fotográfico. Co acendido ábrese nas redes sociais un concurso fotográfico para animar ao público xeral a compartir esta iniciativa. Así, as persoas participantes terán que publicar unha fotografía na que se vexan persoas xunto a un dos monumentos iluminados baixo os cancelos #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo e etiquetando as redes sociais do Camiño de Santiago. As fotografías poderán publicarse nas redes sociais de Facebook, Twitter ou Instagram do Camiño de Santiago (@camino_xacobeo).

O concurso estará aberto ata o remate da iluminación e as tres mellores fotografías recibirán un premio consistente nunha estadía para dúas persoas nun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.