Unha muller ferida nunha saía de vía en Lousame excarcerada tras producirse unha colisión múltiple

25 Decembro 2021
Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviu en accidente con feridos en Toxosoutos, Concello de Lousame. Colaboran 061, Garda Civil e GES Noia.

Unha moza de 25 anos necesitou a axuda dos servizos de emerxencia na tarde de hoxe despois de producirse unha colisión múltiple no lugar de San Xusto, no concello coruñés de Lousame.

Por mor do impacto, un dos ocupantes quedou atrapado no interior dun dos coches implicados, polo que foi necesario empregar o material de excarceración para liberala.

En total, foron tres os turismos implicados neste sinistro, que tivo lugar ás 13:15 horas de hoxe. O 112 Galicia recibiu a alerta a través do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que chamou para informar do desprazamento dunha das súas ambulancias ata o lugar do accidente. Ademais, outro particular contactou co 112 para informar do mesmo e sinalar que os vehículos non entorpecían a circulación.

Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Noia para liberar á persoa e facilitar a súa atención por parte dos profesionais sanitarios. De feito, a persoa foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

Para prestar apoio aos equipos de intervención, desde o 112 avisouse tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.