O teatro comprometido contra a violencia de xénero de Invisibles chegará a Boiro e Ribeira

24 Setembro 2019

20190924 O espectáculo Invisibles, de Redrum Teatro, segue a súa xira por Galicia, achegando o mellor das nosas artes escénicas ao tempo que sensibiliza á cidadanía sobre a necesidade de pecharmos fileiras arredor da violencia de xénero. O espectáculo, protagonizado polas coñecidas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez, pasará pola nosa comarca antes de iniciar a xira estatal, a partir de xaneiro de 2020.

Máis polo miúdo, fará recaladas en Lalín, A Estrada, Cambados, Ferrol, Boiro (o 18 de outubro), Poio, A Coruña, Bueu, Ribeira (o 1 de novembro), Muxía, Oroso, Bergondo, Vilalba, Mugardos, Santa Comba, Vigo, Outes, Tomiño, Caldas de Reis, Lugo, Monforte, Neda, Palas de Reis, Boqueixón, Ponteareas e Redondela.

Invisibles, dirixida pola actriz e directora Marián Bañobre, é unha adaptación da novela homónima da periodista Montse Fajardo que relata sete historias reais de violencia de xénero vividas por sete mulleres galegas, usuarias na súa maioría do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra.

O espectáculo é unha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña; e foi a gran triunfadora nos Premios de Teatro María Casares deste ano, acadando os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación (este último para a iluminadora Laura Iturralde, converténdose na primeira muller premiada cun María Casares nesta categoría). Recibiu tamén o Premio Luisa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.