Autorizadas as expropiacións para a construción dunha glorieta no cruce da Barquiña, en Noia

24 Decembro 2021

O Consello da Xunta celebrado este xoves 23 de decembro autorizou as expropiacións para a construción dunha glorieta no cruce da Barquiña, no concello de Noia (na intersección da vía autonómica AC-550 coa vía provincial DP-5704). O investimento será de 1,15 millóns de euros. A rotonda terá 13 metros de radio e contará cunha illa interior de dous metros e unha calzada de carril único de seis metros.

Asemade actuarase nas beirarrúas, nos dous lados da estrada, dende a nova glorieta ata a rúa Calvario (á altura da Capitanía Marítima). Isto implicará unha reorganización na sección transversal da vía, xa que na actualidade non hai marxe de abondo para o estacionamento nas dúas beiras.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocará o levantamento das actas previas das expropiacións e licitará as obras no primeiro semestre de 2022, co obxectivo de poder iniciar os traballos no segundo semestre do ano, cun prazo de execución de 10 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.