“Pinchazos”. Xulio Xiz

24 Decembro 2021

Non sei cales son as sinrazóns dos negacionistas para crer que non existe a pandemia que nos abafa desde hai 21 meses. Nin creo que cheguen a importarme os argumentos para non vacinarse, cando parece o único remedio para salvar a vida.

Levo tres vacinas; e xa se anuncia unha cuarta, coa seguridade de que o problema veu para quedar e hai que loitar contra el con todas as nosas forzas e con todos os medios que a ciencia pon ao noso dispor.

Notamos que os maiores pasean menos polas rúas, que o pecharse é obrigado polo medo ao que pode pasar, que coñecidos nosos sucumbiron ao becho, palabra que antes só se usaba para o cancro e agora tamén serve para ise inimigo traicioneiro… E moitas persoas teñen medo da escuridade do futuro previsible.

O primeiro pinchazo tranquilizounos, o segundo empoderounos, e o terceiro situounos nun nirvana sanitario no que coidamos estar por riba do mal da pandemia, e do mal normal da vida cotiá, notando unha íntima seguridade ao saber que a maioría dos infectados, e dos que caen nesta guerra sen cuartel son os non vacinados, do mesmo xeito que a maioría dos mortos no tráfico non levaban posto o cinto de seguridade.

E de repente aparecen novas cepas de virus máis poderosas, soben os contaxios, entramos en fases perigosas, vacinan os nenos… e a nosa seguridade afloxa pensando se esto será o conto de nunca acabar, pero reafírmase na necesidade de que hai poñer boa cara ao mal tempo, e pensar que cando un ano remata pode xerar unha barreira moral que separe tempos e alente os ánimos. Pois a ver se 2022 nos anima un pouco, que este século XXI está resultado un tanto ingrato

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.