Medio Ambiente fixa a nova tempada de pesca de anguía no Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro

23 Decembro 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica este venres 24 no DOG a resolución pola que se regula a pesca da anguía na desembocadura do río Tambre durante a vindeira tempada, que se estenderá desde o 1 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Deste xeito, explica Medio Ambiente, “queda aprobada a renovación do plan de aproveitamento específico da especie para o ano que vén e se manteñen os principais requisitos que rexeron nesta zona durante a campaña anterior”.

Así, o tamaño mínimo das capturas queda fixado en 20 centímetros, coa obriga por parte dos pescadores de “devolver ao río aqueles exemplares que non dean a talla, así como as anguías prateadas e outras especies que poidan entrar nas nasas”. O total admisíbel de capturas para toda a tempada será de 1000 quilos, “polo que unha vez alcanzada esta cantidade, darase por pechado o período de capturas”, engaden dende a Consellería.

Ademais, especifícase que para poder practicar a pesca da anguía na desembocadura do Tambre a única arte permitida será a nasa-voitirón, cun tamaño de malla non inferior a 14 milímetros e un límite de 10 artes por tripulante. Por outra banda, as nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente e o horario autorizado para a actividade estenderase desde as 12,00 horas do luns ata as 12,00 horas do sábado, cun máximo de oito horas diarias de traballo.

Medio Ambiente lembra que no caso concreto do Tambre, o plan de aproveitamento da especie para 2022 autoriza a faenar no tramo comprendido entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Ponte Nafonso, exceptuando a zona de desembocadura do río Tines.

A partir do 1 de maio, o plan de aproveitamento da anguía autoriza a faenar á Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, que conta con dúas embarcacións autorizadas para exercer a actividade: Benigna, cun máximo de dous tripulantes, e Baña, que poderá levar ata tres. A comercialización das capturas levarase a cabo na lonxa de Noia, estando obrigados os participantes no plan a entregar a totalidade dos exemplares.

Outros artigos

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...