O Club Baloncesto Noia vence ao Seis do Nadal (83-77)

22 Decembro 2021

O Berberecho Noia xogou un partido moi completo para lograr a vitoria no Alonso Rodríguez fronte a un rival de entidade como é o Seis do Nadal de Vigo. A igualdade marcou a tónica do encontro pero desta vez foron quen de controlar mellor os nervios para levarse o triunfo final 83-77.

Comezaban os visitantes dominando no rebote para lograr as primeiras vantaxes no electrónico, mentres os locais se mantiñan no encontro grazas o acerto nos lanzamentos exteriores. No Segundo parcial manteríase a igualdade, pero os noieses con rápidos contraataques foron capaces de chegar o descanso con vantaxe no marcador, 47 a 40.

Tralo descanso, os olívicos volvían a impoñer o seu xogo e cos seus acertos nos lanzamentos de tres foron capaces de darlle a volta o electrónico. Pero nos últimos dez minutos do partido, os amarelos dominaron cunha gran defensa provocando erros nos visitantes e lograron un parcial de 20-12 para lograr a terceira vitoria da tempada por 83-77.

O xogador máis destacado do encontro foi Manu con 20 puntos. Con este triunfo o Club Baloncesto Noia marcha ao parón coa sensación de que neste vindeiro ano poden lograr grandes cousas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.