García Diéguez á fronte da xestora do PP de Boiro

21 Decembro 2021

O PP colocou a Fernando García Diéguez o fronte dunha nova xestora do partido en Boiro. Diéguez era ata o de agora o número dous dos populares boirenses e ten como obxectivo poñer as bases do equipo que se presentará aos próximos comicios, nos que os conservadores confían en recuperar a alcaldía.

García Diéguez releva deste xeito a Juan José Dieste á fronte do proxecto do PP de Boiro. A partir de agora, Diéguez conta co respaldo da dirección provincial do partido para asumir un reto fundamental.

A xunta directiva do PP coruñés, co seu presidente, Diego Calvo, á fronte, aprobou o pasado venres a constitución desta nova xestora en Boiro co obxectivo de «dinamizar a actividade do partido». Neste sentido, a formación considera «imprescindible» a mobilización de cada unha das agrupacións municipais da provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.