O PPdeG apoia a extensión do Servizo de Hospitalización a Domicilio a toda a área sanitaria de Santiago e Barbanza

17 Decembro 2021

O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego demandar ao Goberno galego que estenda o Servizo de
Hospitalización a Domicilio á totalidade da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza antes de que remate o primeiro trimestre do ano 2022.
A portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo, explicou que “a través da hospitalización a domicilio proporciónase no mesmo domicilio do paciente os coidados que recibiría no hospital, evitando estancias prolongadas nos centros hospitalarios”.
En Galicia, as primeiras unidades de hospitalización a domicilio creáronse nos hospitais Juan Canalejo (1987) e no Xeral de Vigo (1990). “Agora mesmo, abarca xa gran parte do territorio e todos coñecemos que o obxectivo é acadar canto antes a totalidade da xeografía galega”, sinalou. O pasado ano foron ingresados máis de 6.400 pacientes no servizo de
hospitalización a domicilio, sendo a idade media dos pacientes atendidos de 72 anos, e as patoloxías máis frecuentes as afeccións respiratorias seguidas das neoplasias.
“Ademais, co propósito de impulsar esta alternativa de hospitalización, a Xunta creou o pasado mes de febreiro a categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio, de forma que Galicia converteuse na primeira
comunidade do Sistema Nacional de Saúde que dota a estas unidades dunha categoría propia”, salientou Encarna Amigo.
Desde 2019 creáronse 33 novas prazas nos servizos de hospitalización a domicilio, ás que o vindeiro ano sumaranse outras seis novas prazas cuxa creación xa está prevista nos orzamentos da Xunta que se aprobarán a vindeira semana.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.