Ricardo de Barreiro recala en Ribeira con ‘A+A’

24 Setembro 2019

20190924. O actor Ricardo de Barreiro ofrecerá o sábado 28, ás 20.30 horas, unha proposta artística que, baixo o título A+A, integra a presentación dun audio-caderno e unha performance.

Organizada pola Concellería de Cultura de Ribeira, a actividade desenvolverase no Centro Cultural Lustres Rivas e está destinada a adultos, dispoñendo dun aforo máximo de 50 persoas segundo a orde de chegada. Así, Ricardo de Barreiro afronta esta cita na que explica por que e como se fixo este audio-caderno de artista, rematando cunha lectura dos poemas de A+A.

Ademais, quen o desexe poderá adquirir este poemario, o cal leva varias edicións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.