“Chove en Santiago meu doce amor”. Antón Luaces

14 Decembro 2021

​

… camelia branca do ar, brila entebrecida ó sol. Chove en Santiago na noite escura. Herba de prata e de sono cobren a valeira lúa. Olla a choiva pola rúa, laio de pedra e cristal. Olla no vento esvaído, soma e cinza do teu mar. Soma e cinza do teu mar, Santiago, lonxe do sol. Ágoa de mañán anterga trema no meu corazón”.

Desa noite escura valéuse quen, moi probablemente, actuou como o fixeron aquel triste ano de 1936 (un mes dempois do 18 de xullo no que comezou oficialmente a incívica guerra civil española) pintando en branco(seguramente no levaba pintura azul) no peito inerte de quen tanto loubou a terra galega por el visitada en ao menos tres ocasións, un 3J que el (ou ela) saben que significa.

Socialista, homosexual e masón, din que foron os motivos que deu ao franquismo razóns para o seu afusilamento  entre o 17 e o 19 de agosto de 1936 no camiño de Víznar, a carón do barranco do mesmo nome. Talvez o autor deste aldraxe na Alameda de Santiago a quen tanto amou a Galicia, 85 anos após o seu asasinato, só tivo nas súas cavilacións para levar a cabo tan absurdo acto, unha desas tres condicións que mobilizaron aos franquistas para matalo: socialista, homosexual, masón… PROBABLEMENTE o seu pensamento durante a pintada modelaba a frase xa tan empregada nos últimos tempos. “maricón de merda”. Como non podía matalo unha outra vez, pintouno.

De nada serviu para este triste pintor de causas innobres o amor que a Galicia brindou Lorca nos seus seis poemas galegos pubricados na imprensa de Anxel Casal (ao igual que Lorca afusilado polo franquismo nos primeiros tempos da revolta)  e as tres visitas que, como estudante, como conferenciante e como actor e dramaturgo fixo a unha terra na que contaba con amigos ben significados afincados firmemente aquí por sempre. Entre outros, Castelao.

A estatua de Federico García Lorca está ubicada nas escaleiras do paseo da Ferradura da Alameda compostelana, inaugurada o 25 de outubro  de 2020, obra do escultor Álvaro de la Vega.A pintada, absurda e estúpida, foi un acto vandálico, disque.  Os vándalos entraron na península Ibérica no ano 409. Descoñezo se a súa mentalidade ten correspondencia coa do autor desta aldraxe que, como galego, rexeito e condeno absolutamente.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.