Ribeira acendeu a luz violeta fronte ao machismo

23 Setembro 2019

20190923. A cidade de Ribeira foi escenario a noite do venres dunha numerosa concentración baixo o nome de Emerxencia Feminista. O motivo era clamar contra o machismo e os feminicidios. Portando pancartas, lanternas e luces acesas dos móbiles en cor violeta, unha manifestación partiu da praza do Concello de Ribeira para facer un percorrido polo casco urbano e regresar novamente ao citado emprazamento, onde se procedeu á lectura do manifesto.

O acto desenvolveuse na nocturnidade, pois “máis da metade das agresións e violacións ocorren pola noite, de madrugada, cando volvemos para  casa”. No texto fíxose referencia a que, no que levamos de 2019, cometéronse “corenta e dúas agresións sexuais múltiples, das cales só no mes de xullo, foron nove.” Tamén se sinalou que no conxunto do Estado, denúncianse tres violacións diariamente e “aínda así un oitenta por cento non son denunciadas.” Ademais, indicouse que no que vai de ano “contabilizáronse setenta e catro feminicidios, trinta e dous deles, a metade, só este verán. O mes de xuño foi o peor de trece anos, sen esquecer, da outra banda, o  incremento das agresións ao colectivo LGTBIQ+.” Así mesmo, expresouse que “neste mundo ser muller é máis perigoso que ser home, convivimos coa dúbida de quen será a seguinte. Estamos desamparadas. Non podemos confiar nunha xustiza que segue sendo patriarcal, nunhas institucións que miran para outro lado, nunha sociedade espectadora e cómplice. A violencia non é illada, é sistémica.”

Finalmente, rotuláronse na Columna das Vidas Fendidas os nomes das mulleres asasinadas ao longo deste verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.