Os contacontos de Polo correo do vento chegan este sábado ao Lustres Rivas de Ribeira

11 Decembro 2021

Este sábado 11 de decembro haberá unha nova función de contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Desta volta, actuará a compañía Polo Correo do Vento coa función Mario pensaba que o galego no servía para nada….

A actividade será ás 12 do mediodía e para asistir é preciso facer reserva previa:

  • Por medio dun correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal, co nome e apelidos das persoas que vaian asistir e un teléfono de contacto.
  • Por teléfono chamando ao 981835650 de 9 a 14 h

Polo correo do Vento tráenos a historia de Mario, un neno que coñecía outros idiomas pero que non lle vía utilidade á súa lingua nai. Os ingredientes básicos son tres: narración, ilustración e música, para un espectáculo “no que o coñecemento do galego será clave para dar cun tesouro”. As aventuras rematarán cun obradoiro de debuxo.

A iniciativa forma parte do programa de dinamización lingüística da Deputación da Coruña Lingua a escena.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.