Martes con choiva intensa e xeneralizada. A Xunta activa alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo

06 Decembro 2021

O martes Galicia estará afectada pola presenza dunha profunda borrasca situada sobre Irlanda. Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións xeneralizadas e intensas. A cota de neve situarase nos 900-1000 metros ao final da xornada.

As temperaturas mínimas serán máis elevadas que na xonada anterior, pero as máximas apenas terán cambios, con moi escasa oscilación térmica ao longo do día. O vento soprará forte de compoñente oeste en xeral, con refachos moi fortes no litoral norte e zonas altas.

meteogalicia
meteoblue

Varias zonas do suroeste da Coruña e do interior de Pontevedra; así como da Mariña, o noroeste da Coruña, a montaña de Lugo e o interior da Coruña; estará en aviso amarelo por choivas e acumulación de precipitacións; e por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora, respectivamente.

O NOSO MAR: A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo

Vento do sudoeste á mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 3.5 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:283.8 m
Baixamar11:450.6 m
Preamar17:573.4 m
Baixamar23:590.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:413.8 m
Baixamar11:570.5 m
Preamar18:143.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:183.7 m
Baixamar11:360.7 m
Preamar17:453.3 m
Baixamar23:500.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.