Ambar conmemora o Día das Persoas con Diversidade Funcional

03 Decembro 2021

Hoxe venres 3 de decembro, Día das persoas con diversidade funcional, a Asociación Ambar estivo impartindo unha clase de ioga inclusivo no Complexo Deportivo Municipal a Fieiteira.
Unha vez rematada a sesión, Milagros Rey, presidenta da entidade; Ahinoa Parga, responsable da actividade e educadora social de Ambar; Noelia Argibay, Gonzalo Ordóñez e Paula Ramallo, persoas usuarias de Ambar. Leron un manifesto facendo fincapé na necesidade de seguir loitando polos dereitos das persoas con diversidade funcional.
Á clase de ioga que foi impartida por Lidia Mariño, educadora social e profesora de ioga de Ambar. Asistiran arredor de 100 persoas, entre elas persoas usuarias e profesionais de Ambar, persoas usuarias e profesionais da Asociación A Creba, algunhas persoas que asisten as clases de ioga da fieiteira, ademais de outras persoas de maneira individual.
Cabe destacar a presenza de Francisca Vidal e María José Carreira, traballadoras sociais do Concello de Ribeira. Francisca Vidal trasladou unhas palabras de parte do concello nas que salientable o compromiso do Concello coa diversidade.
O manifesto de Ambar, foi elaborado coas persoas usuarias da entidade e ditaba deste xeito:
Hoxe estamos aquí no Día das Persoas con Diversidade Funcional para FALAR ALTO e CLARO de TODO o que podemos facer:
Podemos participar na comunidade!
Podemos facer deporte
Podemos formar parte dun equipo
Podemos actuar, bailar e expresarnos
Podemos facer actividades de ocio
Podemos viaxar
Podemos VIVIR NA COMUNIDADE
Podemos aprender!
Podemos traballar
Podemos ter un futuro
Podemos ser independentes
Podemos ter amizades
Podemos ter parella
Podemos DECIDIR
Podemos comunicarnos!
Podemos dicir o que nos gusta e o que NON

Próxima actividades
Xornada Micolóxica
9 de decembro, saída as 11h de Baroña
Destinada a centros educativos
(inscricións pechadas)
Presentación Calendario Solidario 2022
’40 anos de cine, 40 anos de Ambar’
10 de decembro, ás 12h no Teatro Cine Elma na Pobra do Caramiñal
Entrada aberta ó público, de balde

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.