2.200 bonos descargados nas primeiras 24 horas da Campaña AmaRibeira

02 Decembro 2021

Fulgurante arranque da campaña AMARIBEIRA con 2.200 bonos descargados nas primeiras 24 horas: practicamente un tercio dos 6.666 bonos de desconto de 30 euros que o Concello pon a disposición da veciñanza en apoio ao comercio e a hostalería local.
Ademais, seguen elevándose o número de comercios adheridos que se pouco antes de que principie a campaña na medianoite do 1 de decembro rondaban os 80, nestes momentos ascenden a 112.
Cómpre lembrar que para facer uso dos bonos de desconto e mercar no comercio e a hostalería local (por cada de 30 euros de compra se ten dereito a un desconto de 10 ata un máximo de 3 operacións) cómpre activalos na páxina web www.amaribeira.gal premendo en obter bono e seguindo todos os pasos. Como requisito hai que estar empadroado no Concello de Ribeira e ser maior de idade.
Os bonos poderán ser canxeados ata o 31 de xaneiro de 2022.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.