Venres con nubes e choiva cara a tarde noite

02 Decembro 2021

Durante o venres Galicia estará afectada por unha fronte cálida pouco activa, que deixará ceos nubrados, con algún orballo ocasional, máis probable na metade oeste do territorio. Xa pola noite pasará unha fronte fría que deixará chuvias xeneralizadas e de máis intensidade. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados na costa e máis frouxos no interior.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:323.9 m
Baixamar08:390.4 m
Preamar14:514.0 m
Baixamar21:000.3 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:323.7 m
Baixamar08:390.6 m
Preamar14:543.8 m
Baixamar21:030.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:233.9 m
Baixamar08:340.3 m
Preamar14:434.0 m
Baixamar20:510.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.