En Noia dous brotes escolares: 18 positivos e seis aulas pechadas

01 Decembro 2021


Os últimos datos do Goberno de Galicia relativos á situación da pandemia nos centros escolares galegos confirman ata dous brotes de grandes dimensións en centros escolares de Noia, localidade que se atopa no nivel de risco extremo, cunha incidencia de entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes nos rexistros a sete días.

Ao brote no CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso confirmado a semana pasada e que suma xa 22 positivos -cinco máis que fai sete días-, súmase agora o brote do CPR Plurilingüe Jaime Balmes, con case unha vintena de afectados.

O brote do CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso, lonxe de remitir, pasa dos 17 casos activos do pasado mércores aos 22 que ofrece hoxe, cunha aula pechada. Trátase do sétimo centro máis afectado da comunidade nestes momentos.

A este brote súmase agora o do CPR Plurilingüe Jaime Balmes, con 18 casos activos. Esta escola concertada ten a particularidade de, a pesar de ser o noveno centro con máis casos activos, lidera a listaxe de colexios con máis aulas pechadas, cun total de seis.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...